premio max
Teatro
FEDERACIÓN AMATEGA / CAMBRE THEATRO AMADOR (Camtheam)
CAMBRE THEATRO AMADOR (Camtheam) CAMBRE THEATRO AMADOR (Camtheam)
CAMBRE THEATRO AMADOR (Camtheam)
CAMBRE THEATRO AMADOR (Camtheam)
Contacto:
María Celeste García Piñeiro
CRTA. CAMBRE-TEMPLE, 7, B
15650 CAMBRE- A CORUÑA. Galicia
teléfono: 655334792 / 60668118
e-mail: contacto.camtheam@gmail.com
web: camtheam.wordpress.com

CAMTHEAM é unha recente asociación de teatro, pero cunha larga traxectoria, creada en Cambre, por un grupo de persoas afeccionadas á escea, vinculadas á Fundación Wenceslao Fernández Flórez . Quere recoller e transmitir a labor e a ilusión duns grupos de teatro que xurdiron fai moitos anos xa, en Cecebre, e poñer a semente que alente outros novos.

Os comezos deste grupo empezan na asociación de veciños LA JUVENTUD DE CECEBRE  baixo a dirección de J.Fernando Martinez Gallego ,pasando máis tarde á FUNDACION WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ. Nese período se estrean as obras:

O MAESTRO  de Daniel Cortezón

DIOS de WOODY  ALLEN

O PINCEL MAXICO obra china de autor descoñecido

O QUE CAUSA O TABACO de Antonio Chéjov

e para a inauguración da Fundación de WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ ,fíxose unh adaptación da obra de Wenceslao Fernández Flórez:O Bosque Animado, que se escenificou na fraga de Cecebre.

Durante todo esta etapa a dirección correu a cargo de J.Fernando Martínez Gallego e nela leváronse a cabo diversas actividades culturais e formativas relacionadas co Teatro coma: expreslón corporal,movemento escénico, esgrima e danza. Distintas técnicas de loita oriental entre elas: loita china, sable do norte e sable do sur, lanza busu. Tamén fixéronse cursos intensivos de teatro na escola Danthea, etc

Máis tarde o grupo inicia unha nova etapa baixo a dirección de ALICIA LONGUEIRA MORIS na Fundación Wenceslao Fernández Flórez

O xerme xurde dentro do programa de actividades da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, no ano 2002, cunha representación para dous actores dunha adapción teatral do relato breve A Pantasma, de Wenceslao Fernández Flórez, baixo a dirección de Alicia Longueira Moris.

Entre as obras representadas ata o día de hoxe destacamos Mecachis, ¡qué guapo soy!, de Carlos Arniches; Pinocha sae a pasear, obra preparada para a o Concello de Cambre para a súa campaña de educación vial nos colexios; a adaptación teatral do conto O rei Furibundo, de Xabier P. Docampo; a representación da obra O Bosque, de Jenaro Marinhas del Valle; adaptación de varias estancias da novela El bosque animado para a súa representación nas rutas literarias organizadas pola Fundación, entre outras obras todas elas baixo a dirección de A. Longueira. Baixo a dirección de Fernando Martínez Gallego iníciase unha nova etapa e represéntanse Mesa para dous, do escritor Osvaldo Dragún, A Fábula, de Iván García, e unha adaptación da novela de Wenceslao Fernández Flórez Por qué te engaña tu marido.

Esta agrupación ten obtido diversos premios no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Candilejas Don Bosco, no que veñen participando activamente desde o ano 2010. O ano 2015 tivo ocasión de ser seleccionado para actuar no Teatro Colón dentro do programa de colaboración existente entre a organización do Certame, que ten a súa base no Colexio Calvo Sotelo, e o Teatro Colón.

O grupo de teatro Fas-que-Fas forma parte do programa teatral da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, onde tamén teñen o seu lugar de traballo “O Polo Saltón” (grupo infantil), “Volvoreta” (grupo xuvenil), “Tarambana” (grupo cadete) e “Vas ou Ves”, grupo creado este ano a iniciativa de varias nais de alumnos con interese na aprendizaxe e na actuación.

Estas agrupacións contan cun total de 69 participantes activos ademáis da implicación dos pais á hora de axudar na preparación de decorados e vestiarios, maquillaxe ou atrezzo.

Con todos eles púxose en marcha a Escola de Teatro “O País de Papel” que iniciou a súa andaina cunha versión da obra O círculo de xiz. Nela participaron integrantes de todos os grupos.

Así comeza unha nova etapa coma a Asociación CAMTHEAM.

Neste momento están en cartel varias pezas de microteatro e a obra Pecata minuta, dirixidas por Fernándo Martínez Gallego, mentres se prepara a montaxe da versión de Os cravos de prata.

 

 

 

 

 

 

 

compartir:
rss facebook twitter
consultas recomendadas:
escenamateur
c/ inventor la cierva 2. 3ºP. 33930 langreo asturias
presidencia@escenamateur.org
actividad subvencionada por el ministerio de cultura:
Ministerio de Cultura
MIEMBRO DE:
CIFTA AITA
colaboran:
sgae sg artes femp